FIN DO CIRCUÍTO RUNNERS POPULARES 09

martes 10 de noviembre de 2009



Meus, a edición do "circuíto oficioso runners ourensáns 08/09" toca ó seu fín sen cumprir as expectativas e ilusiós que me fixera nesta 2ª aventura que puxen en marcha dous anos atrás.Non atopei o apoio de ningún patrocinador e polo tanto terei que reflexionar e  facer autocrítica.


Repetiu victoría, coma na tempada 08/09, JOSE JAVIER do BURGAS, acompañado nos postos de honra por LALO ROSALES e VICTOR CONDE da CASA DA XUVENTUDE e ADAS-BARCO respectivamente.



Nas vindeiras carreiras tentarei contactar con algún organizador pra tentar realizar a entrega de premios ós tres primeiros clasificados.

En canto á  "clasificación por equipas" o dominio do BURGAS resultou abrumador, sendo o segundo posto pra o ATLETISMO VAL DE RÁBEDA- TABOADELA  e a terceira praza do podium pra o ADAS-BARCO

1º-BURGAS ATLETISMO OURENSE------------------11889
2º-ATL. VAL DE RÁBEDA TABOADELA---------------9009
3º-ADAS PROINOR O BARCO--------------------------8988
4º-CASA DA XUVENTUDE ATL------------------------7867
5º-ATL. VENTURIÑA O GROVE------------------------7639
6º-VETERÁNS PABILLÓN OURENSE------------------7175



Nestres intres atópome algo desiluionado e con poucos folgos polo que meditarei se o traballo que levo a cabo merece realmente a pena.Unha aperta e grazas por todo.

CRÓNICA DENDE VALDEORRAS

domingo 8 de noviembre de 2009


Escomenzaron as competiciós da tempada atlética 09/10 i estreámonos na CP de "Os Santiños" en terras de Valdeorras.
Iso sí, a nova tempada, vellas escusas: as sensaciós non foron "super" dende que o despertador fixo "riiiiiiiiiiiiiiiiiiinnnnnnnnnng" ás 07.45 a.m.

No camiño de ida en compaña de Eloy, Carlos e Lois, tentei votar unha cabezadiña e o remedio foi pior ca enfermidade, coma dí o refrán, e cheguei aínda mais aparbado ó noso destino.Por riba chovía e facía un frío de caraio,xenial!!!

Aínda andabamos por alí un grupiño numeroso de ourensáns da "capital", os compañeiros da Casa da Xuventude, un par de correlegas do Veteráns Pabillón, Domingo do Burgas Atl....e claro, as xentes do ADAS (Javier, Tomás, Ruben,Asensio,etc....)

Dende o pistoletazo de saída nos primeiros 300m pola pista de atletismo xa se formaron 2 grupos ben diferenciados, "os galgos" con Lalo, Eloy, Domingo, Javier Veiga, Asensio, corredores do Bierzo...e os "terrestres", comandado por un servidor e mais Tomás do ADAS.

Ó paso polo KM1, sorpresa, sorpresa, 3:30!!!....o que facía presiaxar que na segunda parte da proba eu me viría abaixo, coma así aconteceu.

Nos seguintes tres quilómetros foi Tomás o que marcou o paso, sempre en torno a 3.50, ate que no parcial do KM4 ó KM5 lle indiquei a Carlos que fixera un cambio posto que eu non tiña boas pernas e me ía deixar levar a un ritmo mais cómodo.Así foi, Carlos arreou coma unha centella i eu a duras penas puiden seguir a estela de Tomás, Rubén e outro membro do ADAS...A verdade é que antes da entrada ó estadio chegaron a levarme 50m de distancia, pero eu era consciente de que tiña algo moi importante o meu favor, a miña velocidade terminal,jejeje...Co que non contaba é que non tiven capacidade de cambio ate os 200 finais do tartán e costoume de caraio adiantar ós correlegas.

LALO ROSALES acadou a 2ª plaza da xeral cun espectacular rexistro de 23.08 i ELOY CAMPOS parou o crono en 24.30 que lle valiron pra obter un meritorio 8º posto.


CARLOS e LOIS, lograron marca persoal nos 7km con tempos de 25.59 e 27.15 respectivamente, que tíos!!!

I eu, eu choffffffffffffffff , unhos lamentables 26.30, o mesmo de sempre, a metade de carreira bloqueo mental, poucas gañas de sufrir e ala, outra oportunidade perdida.....e xa van moitas

MARATON NEW YORK EN DIRECTO!!!

domingo 1 de noviembre de 2009

Amig@s :
Podedes seguir a maratón de Nova Yorke en directo no link:

http://www.universalsports.com/

Ademais na web http://athletetracker.ingnycmarathon.org/Tracking.aspx?mode=2 estou seguindo as evoluciós en tempo real en carreira de PAZ, ALÁN e CACHALDORA:

Lembrar que Paz busca obter un bo posto na súa categoría e que Alán e Cachaldora tentarán rompe-la barreira psicolóxica das 3h (4.15 m/km)

Pois nada meus, ahi vai a crónica en tempo real!!!! :

*****************************************
KM5: Tendo en conta o tempo perdido na saída:

Paz:----------- -----------19:49
Alán/Cachaldora: ---------20:43

*****************************************
KM10: Paz non debe ir fino de pernas, ou ben vai reservando, non fixo un preimer 10mill super.De todas formas é "zorro vello", seguro que vai de menos a mais.Coido que Alán e Cachaldora van un pelín altos de ritmo (4.08m/km)

Paz:-----------------------39:03 (19:14 parcial)
Alán/Cachaldora: ---------41:26 ( 20:43 parcial)

****************************************
KM15: Paz marca 3.50m/km. Alán e Cachaldora continúan por debaixo do paso previsto.A referencia do km20 pode ser esclarecedora.

Paz:-----------------------58:16 (19:13 parcial)
Alán/Cachaldora:----------1h02´23" (20:57 parcial)

***************************************
KM20: Paz baixou o seu ritmo un par de seg/km e aínda así fixo o 2º 10mil mais rápido -(38´51") co primeiro o que me fai pensar que efectivamente se trata dunha extratexía pensada pra correr en "negativo" . Alán e Cachaldora "pincharon" neste parcial

Paz:---------------------1h17´54" (19:38 parcial)
Alán/Cachaldora:--------1H23´34" (21:11 parcial)

***************************************
MEDIA MARATÓN:

Paz:--------------------1h22´11" a 3.54 m/km. Agora escomenza a carreira de verdade pra "Pazito".Imos meu!!
Alán/Cachaldora:-------1h28´21" a 4.11 m/km. Por debaixo do obxetivo das 3h se a segunda parte non se lles fai dura. Darlle tío, tíos !!!

***************************************
KM 25: Mal 5mil de Paz que me fai dubidar....Alán e Cachaldora pincharon de novo,ufff.....

Paz:-----------------------1h37´50" (19:56 parcial).
Alán/Cachaldora:----------1h45´39" (22´05" parcial).

**************************************
KM 30: Paz recuperouse!!! Alán e Cachaldora tamén superaron a "minicrise"

Paz:-----------------------1h57´21" (19:31 parcial) - (39:27 o 10mil)
Alán/Cachaldora:----------2H06´51" (21´12" parcial) - (43:17 o 10mil)

**************************************
KM 35: "O MURO" foi pra Pazito o pior parcial ate o momento.Cachaldora non puido aguantar o ritmo de Alán, que mágoa!!!

Paz:-----------------------2h18´18" (20:57 parcial)
Alán:----------------------2h29´04" (22:13 parcial)
Cachaldora:---------------2h29´25" (22:34 parcial)
**************************************
KM40: Imos meus, imos!!!O de menos xa son as marcas!!!

Paz:-----------------------2h40´06" (21:48 parcial) - (42:45 o 10mil)
Alán:----------------------2h52`56" ( 23:20 parcial) - (45:33 o 10mil)
Cachaldora:---------------2h53´16" ( 23:19 parcial) - (45:53 o 10mil)

**************************************
META: noraboa meus!!!

PAZITO, 2H50´15" a 4.03 m/km

ALÁN, 3H03´50" a 4.21 m/km

CACHALDORA, 3H04´11" a 4.21 m/km
*************************************

Isto foi todo amig@s, agora vou a merendar que estou mortiño, nin que fora eu o que fixo os 42km,jeje

IV CP DOS SANTIÑOS

Meus, que plans tendes pra vindeira fin de semán? Eu aconsévollos unha escapadiña a terras de Valdeorras a disfrutar dun bo "godello" ou dun mencía "Señorío de Roblido", e xa postos participar nunha nova edición da carreira popular dos santiños.


*INSCRICIÓS:

Ate as 18 horas do día 7 de Novembro do 2009 por correo electrónico ( inscripciones.o.barco@gmail.com ) ou no nº de fax 988320789 , facendo constar o NOME, APELIDOS, DATA DE NACEMENTO, Nº de LICENZA e CLUBE ou COLEXIO.
As inscricións dos cativos que corran dentro do estadio, faranse ate 30 minutos antes do inicio das probas, no propio estadio de calabagueiros.
A retirada de dorsais realizarase na mesa habilitada pra tal fin no ESTADIO DE CALABAGUEIROS o día 8 de Novembro , de 10 a 11.30 h.


*PERCORRIDO:

2 voltas a un circuíto de 3500 m., totalmente chán, que percorrerá as seguintes rúas:
SAIDA: CAMPO DE FÚTBOL - Río Mariñan - Gonzalo Gurriarán - Barco de Avila - Paseo do Malecón (control de paso) - Dr. Pérez Lista - Academia de Quidt - Paseo do malecón - A Coruña- Calabagueiros-e CAMPO DE FÚTBOL.
A META situarase dentro do Estadio coincidindo cá liña de meta da pista de atletismo.

Arredemo!!!unha chegada propicia pra "globeros" coma mín,jejejej!!!

(descargar imagen: http://lh4.ggpht.com/_RqhLCyrvtxc/Su1rkoNw1oI/AAAAAAAADqg/nk9oajUC7fQ/s720/PB2.jpg )


HORARIOS E CATEGORÍAS:

*PREMIOS:


-Troféo pra o primeiro e medalla pra o segundo e o terceiro clasificados de cada categoría, dende infantil ate veteráns.
- Nas carreiras de Alevíns, Benxamíns e Pitufos entregaranse medallas ós 100 primeiros chegados a meta.
- Obsequiarase cunha camiseta ós 200 primeiros clasificados na xeral absoluta.

II CP BENÉFICA "OSCAR PEREIRO"

domingo 25 de octubre de 2009



O vindeiro día 21 de Novembro a fundación "Oscar Pereiro" organizará a 2ª edición da carreira popular benéfica en Mos.

Coido que a causa merece a pena, posto que todo-los cartos recaudados da inscrición (2€) irán destinados integramente á Asociación de Disminuídos Físicos e Psíquicos de Mos (ASODIFISI)

O ano pasado estiven na carreira e asegúrovos que o ambiente e o trato ós corredores foi do mellorciño. Ademaís iste ano o percorrido será de 10km homologados, ainda que non agardedes facer marca posto que se trata dunha zoa de tobogáns.



Tamén se diseñou un circuíto pra os mais pequerrechos, có que pode ser unha boa ocasión pra pasar unha tarde en familia facendo deporte.



Dispoñedes de toda-la información na web de Oscar:
http://carrera.oscarpereiro.com/esp/inicio.php

Veña, animádevos!!!!

ATA O VINDEIRO ANO COMPOSTELA



Definitivamente a Popular de Santiago non me resulta nada atractiva. Parece mentira que unha carreira que se celebra na capital de Galicia e na que, entre as carreiras das 6 grandes cidades do noso pais, se viva posiblemente o millor ambiente pola abundancia de público nas rúas, careza dunha organización á altura das circunstancias.I explícome:

*Se a saída xa resultaba complicada de por si, iste ano recortaron 4 metros e deixaron o ancho en 8m.

*Chegada peligrosísima !!!! I esto non o digo porque eu sexa velocista e hoxe me estampara contra o valado senón porque unha curva de 90º nun pasillo estreito a menos de 100m de meta é unha trampa mortal.


*Os quilómetros non se atopan marcados.

*E claro, coma a proba escomenza as 10 da maña e temos que sair ben cedo das casiñas, na bolsiña do corredor nin froita, nen barrita enerxética, nen aquarius, nen.....ufff

*******************************************************************

E nada, en canto a carreira en sí repetín tempo do ano pasado asi que "nen fú, nen fá", na miña liña de cabalo "percheron"....volvín sufrir coma un can dende a subida por Rosalia de Castro,Galeras e por suposto Vite....

Case que a única alegría do día foron estas verbas de OSCAR PEREIRO ó superarme no cumio de Vite:

"JEFFXAVI, NORABOA POLA TÚA VICTORIA NO CIRCUÍTO,AGÁRDOTE EN MOS"

Ufff, que vos vou a contar, que todo un campión coma Pereiro se digne a saudarme pra mín é todo un orgullo.

******************************************************************

Hoxe non podo adiantarvos postos e tempos dos correlegas de Ourense posto que ate que non se vendan os xornais de "El Corréo Gallego" non se publicarán os resultados na web de Championchipnorte. Agora bén, se sodes propietarios do chip marelo podedes observa-la vosa marca e clasificación entrando có voso usuario/contraséña na mencioada web.

A sorpresa agradable entre os nosos foi "SUPERMÁN" VELOSO do CAIO, que lles deu lume a Evencio, Eloy e Amador....

SAN MARTIÑO 2009

jueves 22 de octubre de 2009


Ei meus, xa andades afilando o coitelo pra San Martiño , non si ? ,jeje !!!
Na web do Concello de Ourense http://www.ourense.es/ dispoñedes do link ó regulamento da proba.
Veña,a adestrar duro amig@s !!!


imaxen en: http://lh3.ggpht.com/_RqhLCyrvtxc/SuAgZi8MqfI/AAAAAAAADmE/oTuVQTxKvTQ/s512/SM.jpg

Pra os debutantes na proba marquei o percorrido cas seguintes cores:


Vermello : subida

Amarelo : chán

Azul : baixada

E pra axudar ós foráneos a coñecer un chisco mais o percorrido:

km 1 : a saída e no sentido da Ponte do Milenio que pica pra riba e despois da glorieta temos que ascender ate a Avenida de Marín, pra iniciar baixada pola Avenida das Caldas.Xeralmente faise lento polos segundos que se perden na saída

km 2 : tras cruza-la Ponte Romana , enfíamos pola súa Progreso que a partires do cruce con Xoan XXIII sempre pica pra riba ate a Alameda.O km remata a altura da Deputación Provincial.Bó km pra coller ritmo

km 3 : baixada tras Alameda e longa rúa de Doctor Fleming.km pra voar!!!

km 4 : case todo pola Avenida de Portugal, a primeira parte pica pra riba e a segunda chán con tendencia a baixar.km de transición.

km 5 : escomenza a carreira de verdade!!! Tras cruza-la Ponte de Marcelo Macias cunha subidiña de 200m antes do Xardín do Posío, chegamos á Av. de Zamora.

km 6 : Sen dúbida un dos mais rápidos por Av.Zamora, Bonhome e Xardín do Posío. Km pra escomenzar a sacar o que teñamos dentro.

km7 : Tamén moi rápido, e pra mín o mais fermoso posto que transcorre na meirande parte polo casco vello( Xardín-Padre Feijoo-Praza Mayor e Lamas Carvajal) e pola rúa do Paseo,ateigada dun bón número de persóas animando.

km 8 : km trampa!!! se o pasar polo Parque de San Lázaro nos deixamos levar polos folgos da xente, a costiña de 200m da Av. da Habana pode pasar factura, pero en liñas xerales trátase doutro km rapidísimo.

km9 : Pra mín un km "pestoso" , posto que na glorieta de Monterrey baixamos por unha amplia avenida e a continuación debemos atravesa-la Ponte Nova pra rematar iste parcial cá subida de Vicente Risco.Se chegas xusto de forzas faise moi longo

km 10 : Ateigado de xente no Parque da Ponte, na entrada da Ponte Romana, na curva de entrada a meta,etc.... Km de sensaciós
En resumo: percorrido pra correr en "negativo", facendo a 2ª parte mais rápida.

VIII CP DO NADAL CONCELLO DE SAN CIBRAO

miércoles 21 de octubre de 2009

Xa se atopa en marcha unha nova edición desta proba, consolidada coma un referente das carreiras da tempada invernal.
Coma principal novidade da carreira a organización decidiu troca-lo percorrido e diseñar un circuíto de 2 voltas, o que supón un gran acerto baixo o meu humilde punto de vista.Agardamos impacentes coñecer os lugares que atraveserá o mesmo.
Namentres, "copio e pego" a información da que dispoño:

DATA:20 de decembro de 2009

SAÍDA E META: PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA

INSCRICIÓS PRAS CARREIRAS DE 4,5 E 9 KM :

Presenciais en Deportes RED.1 (Rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ate o mércores día 16 de
decembro.
Pola Web http://www.championchipnorte.com/ ate o xoves día 17 de decembro.

Os datos obrigatorios nas inscricións son NIF con letra, nome e apelidos, data de
nacemento compreta, localidade, provincia, e-mail de contacto, teléfono de contacto,
nome do clube (se o ten) e tamén se pertence ó Concello de San Cibrao de Viñas por
unha banda e se é traballador/a ou empresario/a do Polígono de San Cibrao de Viñas ou
de Barreiros por outra.

NOTA IMPORTANTE :

As inscriciós estarán limitadas a 500 participantes, incluíndo adultos e nenos/as.
A inscrición ten un custe de 3€. O pago poderase formalizar a través da web de
championchipnorte ou "in situ"n en Deportes Red.1
Os/as participantes da carreira de 4,5 Km que non posúan NIF, deberán facer a súa
inscrición de xeito presencial en Red.1

***INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS REALIZARANSE O DÍA DA PROBA E
NON LEVARÁN CHIP ***

INFORMACIÓN:

javierparedes@ourenseatletismo.com
tlf. 647913079
http://www.championchipnorte.com/
http://www.sancibrao.es/
http://www.ourenseatletismo.com/

HORARIO:

12:00 horas: saída da carreira adultos e nenos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:15 horas: entrega de troféos e ágape para os participantes


REGULAMENTO XERAL :

1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de Ponte Noalla, nas
inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. A recollida de dorsais e chips,
terá lugar dende as 9:00 horas ate media hora antes de iniciar a proba.

2. Os participantes deberán situarse na zoa de saída 10 min. antes do comezo da proba.

3. O percorrido constará de 300 m para a categoría Pitufos, de 4’5 km para as categorías A –
B- C- D e de 9 km pras restantes categorías.

4. Confeccionaranse clasificaciós absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables e soio se recibirá o de maior cuantía. Recibirá o de menor importancia o seguinte clasificado.

5. A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o
Comité de Xuices e a colaboración de organismos municipais competentes que
regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

6. Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou o chip será desclasificado. Tamén
deberán devolve-lo chip ço finaliza-la proba pra optar ós obsequios.

7. O percorrido estará sinalado cada km.

8. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónico pola empresa
CHAMPIONCHIP

9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes

10. Establécense os seguintes premios:

• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós seis primeiros clasificados/as en material
deportivo.
• Trofeo ós 3 primeiros clasificados/as en cada categoría
• Camiseta técnica e bolsa do corredor para todos os/as participantes que rematen
a proba.
• 60€ ós seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en
material deportivo.
• Medalla para todos os pitufos participantes
• Sortearanse numerosos agasallos e productos gastronómicos, bicicletas, cestas
de Nadal e unha noite de hotel nunha suite con cea para dúas persoas.

11. Establécense as seguintes categorías:

A) Alevín: 1999 e 2000
B) Infantil: 1997 e 1998
C) Cadete: 1995 e 1996
D) Xuvenil: 1993 e 1994
Distancia a percorrer: 4’5 km (1 volta)
Saída ás 11:00 horas
E) Junior-promesa: 1988 a 1992
F) Senior: 1987 ata veterán Distancia a percorrer: 9 km (2 voltas)
G) Veterán A: de 40 a 49 anos Saída ás 11:00 horas
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante
Pitufos: 2001 e posteriores Distacia: 500 m. Saída ás 12:00 horas

12. Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e
San Cibrao das Viñas

13. Debido ao carácter estrictamente deportivo e popular da proba, non se admitirán
reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento
Xeral da proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, así como a Comisión
Organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que
ocasione a participación nesta carreira.

14. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, reslveranse polo disposto
no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.

15. A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba

A Organzación desta carreira aproveita a ocasión para agradecer a súa participación anticipada.

RESUME PERSOAL DA TEMPADA ATLÉTICA

martes 20 de octubre de 2009

Ben amig@s , coido que se trata iste dun bon intre pra realizar un resumo do que foi a miña tempada atlética:

1º- GAÑADOR do CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES CORRERENGALICIA 08/09

Coido que o merezo sen dúbida algunha posto que sufrín moitísimo pra conquerilo.Moitos "superclase" de outras provincias comentan que son un CAMPEÓN "vulgar", pero grazas o meu tesón e perseverancia, que me conduciron incluso a correr lesionado ou con incordiosas molestias a meirande parte do ano, ó final o meu nome ficará escrito ahí,cun record de puntos que coido dificilmente será superado en moitos anos.

Pra ser fiel a verdade, por calidade coma deportista o meu correlega LUIS ALFONSO de Boimorto debería de haber gañado o circuíto,e por ilo lle mostro o mais profundo aprezo e admiración.Grazas polo teu trato tan amable ó longo de todo o ano, es unha grandísima persóa!!

Non podo , ni debo, esquecerme tampouco de JAVIER do Burgas, que durante semanas foi o meu mestre nos adestramentos polo monte.A bo fé que sin a súa axuda non houbera logrado rematar a MARATÓN DE PENEDOS DO LOBO tan digamente coma o fixen.Coido que nistes meses sentamos as bases pra unha larga amizade, a pesares de que son consciente o defraudei cando decidín votarme atrás...

Outro toliño do que lembrarme nistes intres de felicidade e LOIS : cantas viaxes compartimos tentando sumar puntos, verdade meu?

Se fixera unha lista dos bos correlegas que fixen entre os compañeiros do Circuíto...ufff...tiven a sorte de coñecer, entre iles, as xentes de "OS IRMANDINHOS", cos que votei ben risas e coñas.Sodes caraiudos meus!!!Norabóa pola vosa victoria no apartado de "parellas" i "equipos"

E coma nón, grazas a ELOY por seres ese amigo inseparable e infatigable de adestramentos.

2º-O MEU CLUBE: ATLETISMO VENTURIÑA DE O GROVE

O día que EDU MORAIS me fichou pra o clube tiña moitas esperanzas depositadas en mín e non cumprín ningunha delas.Sinto que o defraudei e agardo brindarlle algún día unha alegría que lle debo con creces.
Os compañeiros do clube , en liñas xerales, tiveron un trato fenomenal conmigo naquelas carreiras nas que nos atopamos e soio teño verbas de agradecemento hacia eles.
Pra vos, especialmente pra "SUPERMORAIS", mil graciñas e unha aperta !!!

3º-ERROS PERSOAIS

Agora é cando moitos pensades que me vou a baixa-los pantalóns polas "VERDADES" que ás veces expusen no blog, ¿verdade?,jeje, pois non, non se trata diso.

Soio me arrepinto dun tema en particular : trabuqueime ó frear a miña fichase por outro clube da cidade e utilicei o blog pra expresar estados de ánimo persoal, cando a principal finalidade diste espazo non é outra que servir de lugar de encontro entre os amigos do "running".

Agardo que os amigos do BURGAS poidan desculparme algún día.


4º- AS MARCAS/TEMPOS DO ANO

Ufff, coma ben decía liñas mais arriba, votei boa parte da tempada con molestias i estanqueime, non millorei marca en case que ningunha carreira, un desastre.Aínda que reflexionando, pra ser sinceiro conmego mesmo, coido que "onde non hai non se pode pedir", e o que nace "percherón" morrerá "percherón".E decir, o meu límite é de 3.50 m/km nun 10mil e punto.
Neste senso, o de progresión, a tempada resultou pésima, horrible, mala, pra esquezer....

Case que a única alegría do ano recaiu no gran resultado en PENEDOS DO LOBO.No resto de carreiras, "nen fú-nen fá", discretas.

CRÍTICA "CONSTRUCTIVA" SOBRE A MARATÓN DO MIÑO

lunes 19 de octubre de 2009

Coma non todo ían ser parabéns e coido que a ocasión o merece:

Dacordo con que o despregue loxistico e humano foi expectacular, pero amén dos alardes da CEO, esqueceron algo fundamental, esqueceron premiar ós auténticos protagonistas, os atletas:soio recibiron premio os primeiros equipos de relevistas!!!

Claro, era previsible que os gañadores foran as equipas do OAAP, pero os 2º e 3º clasificados deberían haber subido ó podium pra que se recoñecese o seu esforzo.

Fódeume especialmente posto que iles,ELOY, JB, LALO, JAVIER,EVENCIO,ERNESTO son boa xente, atletas na sombra, populares, AMIGOS....que fixeron un carreirón e non tiveron recoñecemento público por parte da organización.

O cariño e aprezo de todolos populares xa o teñen, xa non soio pola súa calidade coma deportistas, senón pola súa calidade humana.

Douvos as grazas, amigos, porque sodes a nova sabía do atletismo popular en ourense, xunto con "tíos" de clase coma Oscar Ramos "Pelu" , Jacobo Mosquera, Adriel Martínez...e moitos outros.

Observo tamén con perplexo no diario "La Región" que o seu responsable de deportes continúa sen ter idea de periodismo deportivo no ámbito do atletismo.
A súa fórmula resulta ben sinxela, creer que ATLETISMO = OAAP , arredemo!!!!
Soio publica fotos e fai menciós os equipos do OAAP!!!
Nenbargantes,lembro que o ano pasado cando venceron Pablo-Alex-Marcos, adicou máis dunha foto e comentario ós segundos clasificados (Pepe-Adrián-Cadavid...do OAAP).
Que ninguén mal interprete as miñas verbas e tente leer entre liñas unha crítica "os leoncinhos", clube no que teño bos amigos como Paz, Pepe Márquez, Milo,Carlos,Delmiro,etc....

Señores da CEO, se queren facer da proba unha festa do atletismo popular, coiden estes detalles.Grazas.

postdata: agradecería que lle enviásedes unha forte aperta os amigos Eloy,JB,Lalo, Evencio,Javier i Ernesto polo seu grandísimo resultado.