ZAPAS INOV

Coma ben sabedes o crecemento en ventas da marca británica de zapatillas de montaña resulta imparable nos derradeiros anos debido en gran parte a una excelente relación calidade-prezo. En xeral os seus modelos están orientados ó minimalismo pero dentro dos mesmos atoparedes unha gama drop4 con amortiguación mínima e pensada pra corredores montunos con boa técnica que pisan de antepé e outra gama con drop6 e mais amortiguadas pra corredores mais inexpertos. Imos resumir pra que ambito sería adecuado cada un dos modelos de Inov.

X-TALON

Pensadas pra correr por terreo fangoso e por barro, de ahi o seu taqueado prominente. Moi pouco amortiguadas e polo tanto recomendadas soio pra ises terréos enlamados.

ROCLITE

Gama multiterreo, non destacada en ningún en especial pero resulta moi versátil cunha boa amortiguación nos modelos 290 de drop4 e 315 de drop6. Responde moi ben en tiradas longas de 30-35km sen grandes zonas técnicas.

TRAILROC

Gama minimalista pensada pra alta montaña no que predomina o terréo duro e rocoso, de ahi o seu reforzo na entresuela e un composto especial na goma pra evitar un rápido desgaste nos terréos abrasivos. Ollo, non recomendable pra tiradas de mais de 20-25km

TRAILTALON

Eiqui imos deternos un chisco...

Modelo 250 : drop4 , o modelo mais minimalista da marca, amortiguación mínima e pensada pra corredores
cunha excelente técnica en zonas técnicas que pisan de antepé . Responde tamén fenomenalmente en camiños e sendeiros. Debido o seu carácter minimalista non as recomendo pra zonas de roca caliza coma Picos de Europa, nen zonas abrasivas de alta montaña, nen tampouco pra tiradas de mais de 20-25km.

Modelo 275 : drop6, cunha boa amortiguación, moi cómoda, recomendable pra distancia ULTRA e pra corredores con bos tobillos pras baixadas técnicas dado que en zonas moi técnicas tenden a perder estabilidade.

 NOVO MODELO 235 : O modelo definitivo de Inov que definiría coma VERSATIL posto que se adapta perfectamente a camiños, sendeiros, zonas de grao técnico medio en alta montaña, tamén con drop4 pero cunha amortiguación intermedia entre as 250 e as 275. Baixo o meu punto de vista será a zapatilla do ano 2018 sen dúbida. Mellorouse o composto da goma e reforzouse a punteira co cal resulta unha zapatilla apta tanto para adestramentos de velocidade coma pra distancias Ultra.




No hay comentarios: