REFLEXIÓN MONTUNA

Voume quedar có título da canción dos Heroes del Silencio...."La Decadencia"...

Coma noutros tantos ámbitos, económicos, sociais, culturais,etc... a provincia de Ourense atópase tamén en caída libre en canto a calidade e cantidade de corredores montunos. Imos faguer un chisco de historia:

¿ Onde naceu a pasión en Jalisia no de "jastar sapa" polo monte? 

Eiqui existe certa constroversia, algúns disque o grupo do Barbanza comandado por Edu Iglesias foi o pioneiro en sair a correr polo monte pero a verdade é que os primeiros tolos por  montunear surxiron en Ourense da mán de Suso, Amador, Jesús, Gonzalo, Quintas, Rafa, Meira. etc....

Na nosa provincia orgañizaronse as primeras carreiras de montaña, Penedos do Lobo e Parada do Sil...pioneiras.....pero non imos retrotaernos tantos anos atrás....

Eu escomencei a pisar pedras e fochancas alá por un lonxano 2008......eramos unha dúcia de tolos os que corríamos polos monte e tiñamos que buscalas fabas correndo na veciña Castela León....Nen tan siquera Arca ou Tono Abal eran coñecidos....Elpidio si , e ademais en Ourense contabamos có mellor corredor montuno de largo, Manolo Prieto, un super clase, pero que por mores dun curro fodido nunca puido chegar a ser o super clase que puidera houber sido. E do resto de Jalisia quen corría por fora ¿? Pois os irmáns Mayo, Don Manuel Mosquera, Chuso Quintáns, e para de contar.....



E con isto , cá posta en marcha no circuíto Galicia Máxica Trail, fai xá 7 longos anos, deuse un punto de inflexión e a paisón polo chamado "trail" creceu e creceu exponecialmente en Pontevedra e "La Coruña" namentres en Ourense non se chegou a producir ese ansiado efecto rebote.

¿ Que aconteceu daquela ? Pois Ourense converteuse nunha provincia "asfaltera" a pesares de contar, xa non tan soio co Macizo Central e as carrerias mais montañeiras de Jalisia coma Chandrexa, Parada ou San Manmede, senón cun entorno priviloexiado o redor da cidade no que se pode adestrar monte saíndo case do portal da casa......¿increible non si?....

Por troques tanto en Pontevedra coma en "El norte" ,jeje.....sorry....A Coruña, a afición polo "montuneo" non para de acadar adeptos, con clubes consolidados coma o Tribu Trail, Os Jarnachos, A Gramola, O Xesteiras, CM Sada , Coutadas, Cazafantasmas, etc,,,,,un longo etc.....mais que clubes un xeito de entender a amizade e a paisón pola natureza....e desta xeira surxen carreiras e mais carreiras polos sendeiros e carreiros da nosa fermosa terra....¡puta envexa!

En Ourense podemos presumir de contar con dous dos tres millores corredores montunos da Terra, Elpi e "O Bisonte de Tioira" ( que agora todos Dios se sube ó carro pero o alqume púxenllo eu), e do resto ¿? Pois poderiamos falar do grupo do Castro Trail con Fico, David, Javi, Marcos e Moni....da escola de trail de Runmaniak e despois dun servidor cós meus correlegas....."para de contar"....

Sinto mágoa, dígovolo de verdade...Os corredores de monte en Ourense somos un pouco como "Los último Jedi" , cando o deixemos os nosos montes arredor da cidade quedarán tristes e abandoados.

"Xabi Dixit"



ZAPAS INOV

Coma ben sabedes o crecemento en ventas da marca británica de zapatillas de montaña resulta imparable nos derradeiros anos debido en gran parte a una excelente relación calidade-prezo. En xeral os seus modelos están orientados ó minimalismo pero dentro dos mesmos atoparedes unha gama drop4 con amortiguación mínima e pensada pra corredores montunos con boa técnica que pisan de antepé e outra gama con drop6 e mais amortiguadas pra corredores mais inexpertos. Imos resumir pra que ambito sería adecuado cada un dos modelos de Inov.

X-TALON

Pensadas pra correr por terreo fangoso e por barro, de ahi o seu taqueado prominente. Moi pouco amortiguadas e polo tanto recomendadas soio pra ises terréos enlamados.

ROCLITE

Gama multiterreo, non destacada en ningún en especial pero resulta moi versátil cunha boa amortiguación nos modelos 290 de drop4 e 315 de drop6. Responde moi ben en tiradas longas de 30-35km sen grandes zonas técnicas.

TRAILROC

Gama minimalista pensada pra alta montaña no que predomina o terréo duro e rocoso, de ahi o seu reforzo na entresuela e un composto especial na goma pra evitar un rápido desgaste nos terréos abrasivos. Ollo, non recomendable pra tiradas de mais de 20-25km

TRAILTALON

Eiqui imos deternos un chisco...

Modelo 250 : drop4 , o modelo mais minimalista da marca, amortiguación mínima e pensada pra corredores
cunha excelente técnica en zonas técnicas que pisan de antepé . Responde tamén fenomenalmente en camiños e sendeiros. Debido o seu carácter minimalista non as recomendo pra zonas de roca caliza coma Picos de Europa, nen zonas abrasivas de alta montaña, nen tampouco pra tiradas de mais de 20-25km.

Modelo 275 : drop6, cunha boa amortiguación, moi cómoda, recomendable pra distancia ULTRA e pra corredores con bos tobillos pras baixadas técnicas dado que en zonas moi técnicas tenden a perder estabilidade.

 NOVO MODELO 235 : O modelo definitivo de Inov que definiría coma VERSATIL posto que se adapta perfectamente a camiños, sendeiros, zonas de grao técnico medio en alta montaña, tamén con drop4 pero cunha amortiguación intermedia entre as 250 e as 275. Baixo o meu punto de vista será a zapatilla do ano 2018 sen dúbida. Mellorouse o composto da goma e reforzouse a punteira co cal resulta unha zapatilla apta tanto para adestramentos de velocidade coma pra distancias Ultra.




MANGALLÓNS REABRO O BLOG !!!!!


Moitos de vos sodes recen chegados ó mundo das carreiras montunas pero cando aínda non existía o facebook i en Galicia se orgañizaban tan soio dúas carreiras de montaña, Penedos do Lobo e Parada do Sil , iste blog constituía un lugar de encontro onde atopar rutas pra adestrar e información sobre carreiras en Castela León ou Asturias. Incluso chegamos a orgañizar un "circuíto de corredores populares ourensáns" , ¿non sei se o lembrades?. O caso é que vos preguntares, ¿porque retomar o blog? .... mmmmm....doada resposta , có gallo de tratar temas de rabiosa actualidade i escapar un chisco das fauces do facebook. Por iso vos convido a estar atentos a vindeira entrada na que vos laiarei có meu punto de vista sobor o actual panorama do chamado "trail" en Galicia

THIS IS THE END!!!





El blog surgió en su día con la premisa de informar sobre las carreras de montaña que se celebraban en Galicia y creo honestamente que en su momento resultó una excelente fuente de información. Pero el caso es que a raiz del impulso de las redes sociales  y de webs como www.correrengalicia.org estos nuevos canales han desplazado progresivamente a los blogs porque resultan una fuente de intercambio de información mucho más directa y efectiva. Además, afortunadamente hemos dejado de ser una docena de “locos” los apasionados por el TRAIL y con el nacimiento del GALICA MÁXICA TRAIL , gracias a su expléndido trabajo de campo, los gallegos nos hemos situado en un lugar privilegiado del trail en España, creciendo exponencialmente el número de adictos a la montaña y al monte.

Por ello, llegados a este momento, como no veo de utilidad el blog, y dado que también me encuentro cansado y saturado de que los “anónimos” torpedeen continuamente mi e-mail con comentarios despectivos he decidido poner un punto y final al mismo.

Nunca he sido un santo ni políticamente correcto, pero la honestidad me ha acompañado en esta aventura, tanto que cuando he provocado alguna “movida” el paso del tiempo siempre me ha dado la razón.Es más, muchos aquellos con los que he sufrido encontronazos por “contar verdades incómodas” ahora son buenos compañeros y algunos incluso amigos.

Han sido 6 años en los que espero sinceramente que  disfrutaseis con la lectura de la  mis “batallitas” tanto como yo lo he echo al relatar las mismas!!!


En fín, todo tiene un inicio y todo tiene un final, hasta siempre CORRELEGAS!!!