REFLEXIÓN MONTUNA

Voume quedar có título da canción dos Heroes del Silencio...."La Decadencia"...

Coma noutros tantos ámbitos, económicos, sociais, culturais,etc... a provincia de Ourense atópase tamén en caída libre en canto a calidade e cantidade de corredores montunos. Imos faguer un chisco de historia:

¿ Onde naceu a pasión en Jalisia no de "jastar sapa" polo monte? 

Eiqui existe certa constroversia, algúns disque o grupo do Barbanza comandado por Edu Iglesias foi o pioneiro en sair a correr polo monte pero a verdade é que os primeiros tolos por  montunear surxiron en Ourense da mán de Suso, Amador, Jesús, Gonzalo, Quintas, Rafa, Meira. etc....

Na nosa provincia orgañizaronse as primeras carreiras de montaña, Penedos do Lobo e Parada do Sil...pioneiras.....pero non imos retrotaernos tantos anos atrás....

Eu escomencei a pisar pedras e fochancas alá por un lonxano 2008......eramos unha dúcia de tolos os que corríamos polos monte e tiñamos que buscalas fabas correndo na veciña Castela León....Nen tan siquera Arca ou Tono Abal eran coñecidos....Elpidio si , e ademais en Ourense contabamos có mellor corredor montuno de largo, Manolo Prieto, un super clase, pero que por mores dun curro fodido nunca puido chegar a ser o super clase que puidera houber sido. E do resto de Jalisia quen corría por fora ¿? Pois os irmáns Mayo, Don Manuel Mosquera, Chuso Quintáns, e para de contar.....



E con isto , cá posta en marcha no circuíto Galicia Máxica Trail, fai xá 7 longos anos, deuse un punto de inflexión e a paisón polo chamado "trail" creceu e creceu exponecialmente en Pontevedra e "La Coruña" namentres en Ourense non se chegou a producir ese ansiado efecto rebote.

¿ Que aconteceu daquela ? Pois Ourense converteuse nunha provincia "asfaltera" a pesares de contar, xa non tan soio co Macizo Central e as carrerias mais montañeiras de Jalisia coma Chandrexa, Parada ou San Manmede, senón cun entorno priviloexiado o redor da cidade no que se pode adestrar monte saíndo case do portal da casa......¿increible non si?....

Por troques tanto en Pontevedra coma en "El norte" ,jeje.....sorry....A Coruña, a afición polo "montuneo" non para de acadar adeptos, con clubes consolidados coma o Tribu Trail, Os Jarnachos, A Gramola, O Xesteiras, CM Sada , Coutadas, Cazafantasmas, etc,,,,,un longo etc.....mais que clubes un xeito de entender a amizade e a paisón pola natureza....e desta xeira surxen carreiras e mais carreiras polos sendeiros e carreiros da nosa fermosa terra....¡puta envexa!

En Ourense podemos presumir de contar con dous dos tres millores corredores montunos da Terra, Elpi e "O Bisonte de Tioira" ( que agora todos Dios se sube ó carro pero o alqume púxenllo eu), e do resto ¿? Pois poderiamos falar do grupo do Castro Trail con Fico, David, Javi, Marcos e Moni....da escola de trail de Runmaniak e despois dun servidor cós meus correlegas....."para de contar"....

Sinto mágoa, dígovolo de verdade...Os corredores de monte en Ourense somos un pouco como "Los último Jedi" , cando o deixemos os nosos montes arredor da cidade quedarán tristes e abandoados.

"Xabi Dixit"



No hay comentarios: