VOLTAMOS DO TRAIL DE BEMBRIVE


E voltamos tocados "fisica" e "moralmente" ..... posto que estiven a piques de foder novamente un tobillo e ademais as sensaciós foron horribles .... 

Antes de nada comentarvos que o percorrido no treito de subida foi expectacular, tendo que cruzar numerosos regatos i escalar literalmente por sitios imposibles. Sen grandes "petadas" o ascenso resultou durísimo e con moita lama


Eu dende os primeiros metros de carreira decateime de que "non tiña" pernas, supoño que por mor da paparota nocturna e do albariño na celebración do cumpreanos do meu irmán pequeno, non sendo quen de seguilo ritmo dalgúns correlegas coma Diego Ribao, Orbita ou Pablo Feijoo


Acadado o cumio da proba, sen referencia visual do grupeto dianteiro,encarei os 500m mais técnicos da baixada nos que me lancei cós cornos pra diante buscando unha remontada imposible...


...Mágoa que fora tan curta....A continuación afrontamos un treito dalgo menos de 1km por pista forestal e un par de longas rectas nas que divisaba ó grupeto de Orbita,Diego,Pablo e daquela decidín dalo todo polo todo e por ritmo de series de 1000m, jeje, case cheguei a enlazar, xustiño cando nos adentrabamos de novo na fraga , quedei a menos de 50m,mais nese intre o depósito de "gasofa" entrou na reserva e fiquei sen folgos pra tentar conectar. De feito nos derradeiros 4km pillei unha páxara das que fan època (Diego, por exemplo, meteume 2min en meta)


Coma vos comentaba estiven a piques de esnaquizar de novo un tobillo nun dos numerosos pasos camiños escalonados ó tentar arriscar pra alcanzar a Pablo. Por certo, o amigo Rubén inmotalizou en fotografía a miña mini-espalda,jeje


A

1 comentarios:

Cándido dijo...

El puesto 15/121 no está nada mal. Me alegro de que esta vez lo del tobillo quedase en "casi".
Felidades por la carrera y por la crónica.