Os "toliños" do monte atopádesvos de norabóa posto que continúan a nacer novas probas de montaña por doquier, desta xeira en Bembrive, pretiño de Vigo. Trátase dunha proba curta, 13km, pero que polo perfíl semella as iredes a pasar canutas na subida!!!
E polo que me conta algún correlega vigués que a cotío adestra por alí na baixada atoparedes algún treito de certa complexidade técnica...
Dispodes de tódala información en : http://cchelios.com/Deportes/carrera_montana/trail.htm
Nenbargantes, importei o track a mapmyrun e coma resultado obtiven esta gráfica de "cores" desas que tanto vos gustan,jeje


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada