Hoxe resulta un día especialmente triste pra mín posto que finou a miña visaboa á quen quería con todolo meu alma!!!!Ela sempre me decía que cando morrera non quería que chorase pero as vágoas escorregan sen cesar....
A bo fé que nalgures agardará por mín ate que nos atopemos de novo....
O DÍA MAIS TRISTE DA MIÑA VIDA
Publicado por XABIER en 23:04 9 comentarios
LA PRIMERA ZAPATILLA CON "CHIP"


Publicado por XABIER en 23:30 0 comentarios
CLASIFICACIÓN RUNNERS "POPULARES" 2009
Hemos computado los puntos de la Popular de "A Ponte" y la clasificación no ha sufrido grandes cambios.
INDIVIDUAL:
1º- Victor Conde Cid---------------------ADAS--------------------3931
2º- Javier Gómez Iglesias----------------BURGAS----------------3779
3º- Xabier Rodicio-----------------------VENTURIÑA------------3299
4º- José Mira----------------------------BURGAS----------------2862
5º- Lalo Rosales-------------------------CASA XUVENTUDE-----2850
6º- J.A.Veloso---------------------------CAIO--------------------2710
7º- Pepe Márquez-----------------------OAAP-------------------2686
8º-Xoan Carlos Feixoó Mirón------------PABELLON-------------2504
9º-Evencio Fernández-------------------BURGAS----------------2416
10º-J.Daniel Quintairos------------------VAL DE RÁBEDA-------2289
EQUIPOS:
1º- BURGAS ATLETISMO-------------8204
2º- ADAS PROINOR-------------------7055
3º- VAL DE RABEDA-TABOADELA----6516
4º- OA.ACADEMIA POSTAL-----------6330
Publicado por XABIER en 14:59 1 comentarios
HOY : ENTRENO POR CACHAMUIÑA - AS CHAIRAS
Sábado por la mañana y con ganas de comenzar los duros entrenamientos de cara a Penedos do Lobo.Para hoy he programado 2 horitas de rodaje por el paseo del embalse de Cachamuiña y las pistas forestales de A Chaira.
Mapas de Google en el enlaze:
http://maps.google.com/maps/ms?ie=UTF&msa=0&msid=104603565855255117946.00046a685d5e033d7c566
Comenzé a trotar suavecito rodeando el embalse y buscando las zonas de sombra a sabiendas de que me esperaban unas subidas donde pegaría el solcito. Abandoné el paseo de Cachamuiña y me dispuse a comenzar la primera ascensión:
A mitad de las misma el calor apretaba y esta recta se me hizo eterna:
Lo peor es que todavía me restaba el último tramo, el más duro:
Después de que fianlizase la primera subida larga con un tremendo dolor de piernas, rodé durante un par de km por largas rectas de pistas forestales hasta abandonar las mismas para realizar un tramo de enlaze por asfalto pasando por la parroquia de Santa Marta, ya sabeis, la de la canción "Santa Marta tiene tren, Santa Marta tiene tren,pero no tiene tranvía...",jeje.Estuve tentado a realizar la ascensión al pueblo de Outeiro, donde tengo familia lejana por parte de mi difunto padre, pero como bién sabeis en gallego outeiro significa colina, así que lo dejé para mejor ocasión.
Camino de vuelta hacia el embalse se me ocurrió realizar una de las subidas mas duras de la zona, el bautizado por el menda en su día como " MURO DE CACHAMUINBERG",jeje :
Después de unos primeros metros no excesivamente duros,al dar la curva, chanchán!!!!sopresa!!!
Tranquilos amig@s que lo mas "jodido" estaba por llegar....
Y en los últimos metros ya casi me resultaba imposible correr:
Pero la fantástica panorámica desde lo alto compensaba tanto sudor:
...Y las piernas me rogaban una breve parada en las fresquitas aguas del Loña !!!
Una vez refrescado, calzadas las zapas completé lo poquito que me quedaba de camino y pude contemplar una preciosa vista del MURO.
Y la jornada llegó a su fín, estenuado, tocaba autoretrato del protagonista del entreno:
La verdad es que si ahora estoy así de "tísico" ni me quiero imaginar como estaré después de Penedos.Así, con este cuerpecito, me va a resultar complicado echar "moza",jejeje.
Bueno, teneis todas las fotos, menos las del baño como Dios me trajo al mundo,jeje, en mi album de picassa:
Publicado por XABIER en 16:51 2 comentarios
RESULTADOS A PONTE
Bos días meus, xa tendes os resultados na web do OAAP :
www.ourenseatletismo.com/archivo/2009/resultados/Res_APonte_2009.pdf
En homes tres amigos coparon o podium:
1º- Pepe Márquez, que repetiu o triunfo da pasada edición
2º- Victor Conde
3º- Oscar Ramos "Pelu"
En mulleres tamén repetiu victoria Iria do OAAP:
1ª-Iria Fernández
2ª-Filomena Cid
3ª-Silvia Barcala
A miña carreira?Nen fú nin fá, fun acompañando ó amigo Alfredo "Furi" ate que fixo o seu típico cambio de ritmo a metade de proba,pra deixarme levar ate recta de meta.Fixen 1minuto máis que o tempo do ano pasado pero as sensaciós foron boas, non rematei nada esgotado nin me esforcei ó máximo.Onte tratábase soio de soltar as pernas despois de 3 semanas de esforzos en competición (Leiro-Esgos-Aloia) e de apenás 6 adestramentos en 21 días.
Por certo, MIL GRACIÑAS A XENTE DO ACADEMIA POSTAL por non deixar morrer a proba ante a pasibidade da Delegación Ourensá de atletismo.
Publicado por XABIER en 11:41 1 comentarios
INSCRICIÓS A PONTE
Na web do OAAP publicaron hoxe un formulario de inscrición:
http://www.ourenseatletismo.com/blog/
Publicado por XABIER en 13:23 0 comentarios
XIII CARREIRA POPULAR DE CARTELLE
O sábado 8 de Agosto é a data elixida pra celebración dunha nova edición desta carreira popular.
O percorrido de case 10km será o mesmo que o do ano pasado, con saída en Cartelle e chegada en Outomuro.
Ver CARTELLE en un mapa más grande
INSCRICIÓS:
A partir do 1 de agosto nas oficinas do Concello aportando nome, apelidos, datanacemento e dni
Teléfono 988 491 111 - 988 491 120 ou Fax: 988 245 353
e-mail fgaourense@yahoo.es
Pra ir dende Outomuro a Cartelle haberá un autobús media hora antes da saída e o finalizar a proba teremos as duchas do Polideportivo dispoñibles pra refrescarnos.
Trofeos ós tres primeiros da clasificación absoluta masculina e feminina e ós
primeiros do resto de categorías masculina e feminina.
CATEGORÍAS
PITUFOS nados en 2004, 2005 ou 2006. 100 m. ás 19.00 h.
PRE-BENXAMÍN nados en 2002 ou 2003 500 m. ás 19.10 h.
BENXAMÍN nados en 2000 ou 2001 500 m. ás 19.10 h.
ALEVÍN nados en 1998 ou 1999 800 m. ás 19.20 h.
INFANTÍS nados en 1996 ou 1997 1.600 m. ás 19.50 h.
CADETES nados en 1994 lu 1995 1.600 m. ás 19.50 h.
XUVENIL nados de 1992 lu 1993 10.000 m. ás 20.15 h.
XUNIOR nados de 1990 lu 1991 10.000 m. ás 20.15 h.
SÉNIOR nados de 1975 ata 1989 10.000 m. ás 20.15 h.
VETERANOS A nados de 1970 a 1974 10.000 m. Ás 20.15 h.
VETERANOS B nados de 1965 a 1969 10.000 m. Ás 20.15 h.
VETERANOS C nados de 1960 a 1964 10.000 m. Ás 20.15 h.
VETERANOS D nados de 1950 a 1959 10.000 m. Ás 20.15 h.
VETERANOS B nados antes de 1950 10.000 m. Ás 20.15 h.
Publicado por XABIER en 17:55 2 comentarios
SEN MELENAS QUEDEI SEN FORZAS NO ALOIA
Si é que son fácil de liar e Lois convenceume pra subir ó monte tudense!!! Antes da carreira inspeccionamos a subida en coche e xa me deu a mín que o "tío do mazo" ía ter traballiño por esas costiñas.
Boa representación de populares ourensáns nas pernas dos amigos do Taboadela e do Pabillón, ainda que se votou en falla a presenza dos correlegas do Burgas.
Coma me foi a carreira?Cóntovos:
***Saída: o "trán-trán" , detrás do grupiño de Beni, Chicho,Gonzalo,Manuel Folgoso,Miguel Marzoa....pasando o primeiro km que era chán en 4´30".
***comenza a subida: Beni na cabeza do grupo escomenzou a marcar un ritmo selectivo que ía descolgando corredores y eu tiña unhas sensaciós moi boas.
***km2: dado que pensei que tiña o día "parvo" dín o relevo a Beni e armei unha escavechina que non vexades, soio se quedaron o meu carón o propio JB e Miguel Marzoa.
***km3: momento clave do día. Deume alcanze Manuel Quintairos e tentei seguir a súa "roda".Grave erro meu amigo!!!Do km3 ó km5 fún pasado de punto, por riba das miñas posibilidades.
***km5-6: Beni e Miguel Marzoa sobrepasáronme, tentei aguantar 500m con iles e....ay,ay,ay...que me dá, que me dá...zás, deume, "messié massó" , catacrack, paxarón!!!jejeje
***Ate o km8 fun mortiño!!! Mira que había unhas mozas ben seitosiñas a pé de estrada no km7 e non tiven nin folgos pra facerlle as beiras un chisco,jeje
***Nos metros finales tiven que esprintar pra entrar diante do amigo de Maceda, José Antonio Carballo, que leva unha progresión increíble.
Finalmente , a pesares da páxara, 44´50" e posto 26º, 6º Veterán-A
Os que fixeron un carreirón foron Toño Sobrado e Rafa Nogueira, na súa línea.Pero quen me soprendeu foi Diego Vicentutto (do que nunca escribo ben o apelido,jeje), "el italiano loco",jeje, saíuse, foi Super-Diego!!!Ainda que claro, con esas "vitaminas" que toma o tío,jaja!!!
Antonio, faltabas ti !!!!
Publicado por XABIER en 12:45 1 comentarios
O MISTERIO DA CARREIRA DE A PONTE
Iste ano repiten "popular" no barrio de A Ponte, celebraráse o vindeiro día 24 pola noitiña, a eso das 21h.
O que me amola é o total oscurantismo que rodea á proba: non atopo información por ningures, nin siquera nas páxinas que hoxe adica o diario "La Región" ás festas do lugar.
Fai pouco ó señor Fernando Varela enchíaselle a boca de fume nunha entrevista publicada no anterior medio local mencionado : "Dende o Concello queremos acercar o deporte á cidadanía"
Arredemo!!!, pois semella que ás xentes da outra beira do Miño desta xeira foron esquecidas de novo.Agora bén, podedes atoparvos seguros que Don Fernando saerá na foto, a bo fé que si.
Tamén me resulta curioso que dende a Delegación da Federación Ourensá de Atletismo non se facilitará información na sua web coma aconteceu no seu día cás "populares" do Corpus e de O Couto.Lembro tamén as palabras do seu Director técnico, Angel Fidalgo, nunha entrevista en "La voz de Galicia":
«El atletismo popular es uno de los objetivos de la federación en Ourense»
«Organizamos muchas pruebas, queremos que los atletas tengan opción de competir a buen nivel y trabajamos en eventos como la Copa Diputación, en pista o el Memorial Alejandro Lorenzo en el campo a través, pero tampoco queremos olvidarnos de la gente de a pie. El atletismo popular es uno de los objetivos de la Federación en Ourense y ya hemos conseguido que cuajen las populares de O Couto y el Puente, por ejemplo.»
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/06/16/0003_7787577.htm
Caraio, pois está clarísimo que todos os populares sabemos onde inscribirnos pra carreira de A Ponte, verdade?
En fín, despois de publicar este artigo serei de novo "crucificado" e declarado persoa "non grata" polos de sempre.De verdade que vos confundides, eu estou do lado do atletismo popular,convosco, non son o voso o "archienemigo".
Por certo, tamén descoñezo o percorrido desta edición, polo que vos deixo o do ano pasado.
Ver PUENTE en un mapa más grande
Publicado por XABIER en 14:02 0 comentarios
WEB PARA CORREDORES DE MONTAÑA
http://correquetequedas.blogspot.com/
Ese link é do blog dun correlega de Asturies onde podedes atopar información sobre rutas por Asturias e un calendario nacional de probas de atletismo de montaña.
Atopei tamén unha web interesante, WIKILOC, onde xente de todo o mundo deixa información sobre rutas (perfiles, distancias, fotografías...).
http://es.wikiloc.com/wikiloc/home.do
Publicado por XABIER en 23:47 0 comentarios
III CARREIRA DE MONTAÑA PARADA DO SIL

Meus , tendes abertas as inscriciós pra unha nova edición desta fermosa e durísima carreira que percorre pola Ribeira Sacra.
Eu non teño pesando participar, posto que aínda non estou abondo tolo,jeje, mais coma pasaredes preto de Chandrexa e Rabacallos tentarei atoparme ó caron do camiño dándovos folgos.
Información sobre a proba:
http://www.ribeirasacracm.org/base/castelan/IIIcarreira.html
Aloxamentos:
http://www.turisacra.org/0_aloxamento.htm
E se vades pasar a fin de semana podedes aproveitar pra dar unha volta en canoa, quad, cabalo,etc... :
http://www.galitursport.com/
Pra ises días na casa da miña visaboa non hai camas dispoñibles posto que veñen de vacaciós o seu fillo e os seus netos de Venezuela.Coido que me vai a tocar a mñin durmir no cortello,jeje.Ainda que ó millor baixo a tumbona pro río e o caraio!!!

Por certo, recoméndovos un libro, "Os últimos fuxidos", onde se relatan as vivencias dos derradeiros "maquis" de Galiza que loitaron contra a represión en prol das liberdades dos seus.
Un día distes teño que facer de novo unha visita ás "Covas dos fuxidos" , no corazón da Ribeira Sacra.
Publicado por XABIER en 15:27 0 comentarios
¿ ....SUBIREMOS O ALOIA ?

Boas meus, este vindeiro sábado vaise a celebrar unha nova edición da subida ó Monte Aloia e ate mañán están abertas as inscriciós na web do Clube Atletismo Tui
( http://www.atletismotui.es/subida_g.htm )
Coma ben sabedes estou de parón, xa non soio por habelo programado así, senón tamén porque me doen moito ambolos dous xeonllos.
Nenvargantes, xa que os correlegas do Pabillón (Antonio, Manuel, Gonzalo, Beni, Chicho....) teñen pensado participar animareime a estrear as novas zapatillas polas "costiñas" da montaña tudense:
Publicado por XABIER en 12:19 0 comentarios
ROCAS+EIRADO, QUE GRAN DÍA!!!
Correlegas, hoxe no campionato galego de montaña tiven un bo día, non "super", pero bó ó fin e o cabo.Faltoume un chisco de ambición pra gañar un par de postos pero teño que atoparme ben ledo polo resultado: 1h14m03s , nin en soños o podía chegar a imaxinar.
Ó escomenzo da proba saín despaciño, gardando forzas e nos primeiros km tiven a compaña de Diego "el italiano", que gran rapaz!!!
Na metade de carreira alcancei a Domarco e fixemos un par de km xuntos tentando alcanzar a Pepe Mira e Aurelio, pero subindo recuperar 100m resulta un calvario.
No cortalumes de acceso á ermita de Virxe do Monte a piques estivo de alcanzarme "messié massó" (coma diría Perico Delgado), o "tío do mazo". Tras superarme Camilo e Antonio Folgoso pensei que me daba a "páxara" e cando as pernas case se detían o auguiña que bebín no avituallamento resultou case que milagrosa, recuperei tono muscular e conseguín engancharme a Toño, Camilo e Domarco cos que compartín a subida infernal o derradeiro cortalumes (algún treito cun 20% de desnivel)
Na meta entrei con Toño da mán pra agradeceller os folgos que me transmitiu nos derradeiros km.Sen dúbida o que levo mellorado nas subidas débese en gran medida os adestramentos que fago xunto con el.Graciñas amigo!!!!
Tendes as clasificaciós completas en :
http://www.atletismogalego.com/Resultados200809/Ourense/0120709.pdf
Publicado por XABIER en 23:04 1 comentarios
VACACIÓS!!!...PERO MAÑÁ ESGOS, JEJE!!!
Meus, que ben se vos está de vacaciós!!!onte foi o derradeiro día de traballo, ate o 28 de Xullo, relax.
O dito, que téñades un bo día,ate mañá
Publicado por XABIER en 10:43 0 comentarios
II CARREIRA DE BAÑOS DE MOLGAS

A II carreira popular de Baños de Molgas, na honra de San Salvador, contará cás seguintes novidades nesta edición:
- Un novo percorrido o longo das rúas de todo o pobo, a carón do río Arnoia.
- Incremento do número de categorías .
- Agasallo pra cada un dos participantes ó final da carreira ( ata fin de existencias).
- Xuices da Federación Galega de Atletismo (que Deus me pille confesado,jeje)
INSCRICIÓS:
- Enviando o teu nome e ano de nacemento á dirección:
molgasnarede@hotmail.es
- En Redonet, na Delegación ourensana da FGA ou no bar Bugallo ( Baños de Molgas).
- Chamando ó 607.473.323
CATEGORÍAS:
- Pitufos: nados a partir do 2003
- Benxamís-Alevíns: nados entre 1998/2002
- Infantil-Cadete: nados entre 1994/1997
- Xuvenil-Junior: nados entre 1990/1993
- Promesa-Senior: nados entre 1975/1989
- Veteráns A: nados entre 1965/1974
- Veteráns B: nados entre 1955/1964
- Veteráns C: nados ata o 1954
PREMIOS:
- Premios pra os tres primeiros clasificados de cada categoría (masculina e feminina).
- Premio pra o mellor participante do pobo.
*os premios non son acumulativos.
REGULAMENTO: en http://www.molgasnarede.es/
HORARIOS:
19:15----Pitufos----------------------------------------------- 170 m (recta meta)
19:30--- Benxamín-alevín/infantil-cadete--------------------- 2200 m (1 volta )
20:00--- Xuvenil-junior/promesa-senior/ veteráns A,B,C----- 7000 m (3 voltas)
Publicado por XABIER en 0:00 2 comentarios
CON LEIRO REMATOU A TEMPADA EN RUTA
Amigos e amigas, Xabi "pecha o chiringuito". Ei, tranquiliños que non emigro a Rusia nin nada semellante, ainda que a tentación das loiras moscovitas non é moco de pavo,jeje.!!!
Explícome, pra mín rematou este período da tempada na que estiven centrado nas populares en ruta cun total de 26 probas realizadas, case que nada, ¿certo?
Dame mágoa pois iste derradeiro mes escomenzaba a ter un bo tono nas pernas e mellorei cuantitativa e cualitativamente os meus resultados respecto ó ano 2008.Ahí deixo algúns exemplos:
Nocturna de Xinzo: ..........de 25´41" a 23´56"-------- ( 1´45" )
Nocturna de Celanova: ...de 29´32" a 27´10"-------- ( 2´22" )
Tangaraño:........................mantiven unha media de 5.03" a pesares do mal día personal e do incremento de distancia
Leiro:..................................de 37´59" a 36´45"-------- ( 1´14" )
Coido que, sendo obxetivo, merezo unha nota dun 7, notable raspado, mais polo meu tesón e a miña perseverancia que pola miña calidade coma fondista da que, por outra xeira, carezo absolutamente.
Nestes intres imos trocalo "chip" e por os sentidiños nos adestramentos de montaña cás vistas postas nas citas do mes de Setembro, Luintra e Penedos do Lobo.
Sen dúbida será un mes de Agosto duro,con muito traballo de monte.Nenvargantes, cá compaña dos amigos Folgoso (Antonio e Manuel), Javier e outros correlegas do Burgas que a bó seguro se apuntan, os adestramentos pola Serra de San Mamede darán os seus frutos, a bo fé que si !!!!
Voltando o tema da carreira de hoxe en Leiro, quero dar as grazas a Eloy e Quini por tirar de mín, sacrificando unha boa clasificación persoal por axudarme. Detalles coma ises son os que fan grandes as persoas.
Iso si, despois no río os moi gañáns querían "cobrar en especies o traballo de lebres",jeje!!!.A calquera se lle cae o xabón ó auga,jaja!!!
Foi un pracer saudar a tantos e tantos amigos:
*Pepe Márquez, coma ben teño repetido ata a saciedade, gran atleta e millor persoa
*Os futuros compañeiros do Burgas, incluído Javier chegado dende Cangas,ainda que votamos en falla a Evencio e a Javier Martínez.
*Os correlegas do foro de correrengalicia (Tara, Montxo, Irdam,Fonvigo, Jeff, Gallego,Ardillaroja,Tartarugo,Lois,Pipe.Germannd,etc.....)
*Os amigos de Taboadela
*Toño e "Pesca" do Kórpore
*O gran "Furi", non deixedes nunca de leer o seu blog!!!
*Carlos animando na ponte de San Clodio,o que desexo unha pronta recuperación da súa lesión
....e un largo etc,etc...
(foto: Pepe Márquez e "Supermán" Veloso no podium)
8º- Pepe Márquez (OAAP)-----------------------32´00" (2º en cat.G tras Carlos Adán)
14º- Veloso Miranda (CAIO)---------------------33´01" (3º en cat.G)
28º-Gonzalez Castro (KORPORE)----------------34´13"
41º-Adriel (BURGAS)----------------------------35´26"
42º-Javier Iglesias (BURGAS)--------------------35´28"
43º-J.M. Casado----------------------------------35´31"
44º-J.M. Cachaldora------------------------------35´31"
55º-J. Emilio Domínguez (TABOADELA)----------35´58" (1º cat.J)
56º-Javier Sarmiento (OLIMPIA)-----------------36´04"
61º-José Vázquez Rojo----------------------------36´15"
62º-Feixoo Mirón (PABELLON)-------------------36´17"
69º-Blanco Sotelo (PABELLON)-------------------36´36"
70º-Pepe Mira (BURGAS)-------------------------36´41"
72º-XABI RODICIO (VENTURIÑA)---------------36´45"
73º-Toño Cerdeira ((KORPORE)-------------------36´51"
(foto: Quintairos recollendo o premio do seu compañeiro José Emilio)
Mención aparte pras "rapazas" :
Pilar Iglesias (BURGAS), pimeira en categoría I
Mari Carmén Nogueira, (BURGAS) terceira en categoría F
Begoña Doniz (PABELLÓN) -------------------- 4ª na xeral feminina
Publicado por XABIER en 21:27 1 comentarios
PERFIL ESGOS
Publicado por XABIER en 0:11 0 comentarios
PENEDOS DO LOBO 2009

Publicado por XABIER en 14:18 2 comentarios


