Ista fin de semán celebráronse varias carreiras ó longo da xeografía galega e houbo destacada actuación dalgún dos nosos amigos das populares:
I CARREIRA POPULAR IBERCAJA "TORRE DE HERCÚLES" :
Baixo unhas condiciós meteorolóxicas ben adversas LALO ROSALES acadou a 2ª plaza na Xeral absoluta e resultou vencedor da categoría Senior cunha marca de 21´35", evidenciando o grandísimo estado de forma no que se atopa.
Clasificaciós:
http://www.atletismogalego.com/Resultados200809/Coruna/c200909.pdf
(foto: cortesía de Susana Bayo)

II CARREIRA POPULAR DE CAMPAÑÓ (PONTEVEDRA)
Proba "apadrinada" por Elías Domínguez con presencia dos "galgos" da provincia de Pontevedra nun circuíto nada chán de 9600m e na que ELOY CAMPOS conqueriu unha espectacular 20ª plaza cun rexistro de 35´14".
Esta vindeira tempada o "Chorón de Cudeiro" vai a "explotar" definitivamente !!!
XII CARREIRA POPULAR DE SANTA UXIA DE RIVEIRA:
Que envexa me dan os amigos que foron a realizar este 10mil !!!
28º- "BENI" GÓMEZ LÓPEZ-------------Pabellón----38´27"
34º- GONZALO VAZQUEZ FERREIRO---Pabellón----39´30"
46º- J.CARLOS CRUZ---------------------------------40´24"
62º- LOIS GONZÁLEZ ROSENDO---------------------41´37 "
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada