ROCAS+EIRADO, QUE GRAN DÍA!!!

domingo, julio 12

Correlegas, hoxe no campionato galego de montaña tiven un bo día, non "super", pero bó ó fin e o cabo.Faltoume un chisco de ambición pra gañar un par de postos pero teño que atoparme ben ledo polo resultado: 1h14m03s , nin en soños o podía chegar a imaxinar.

Ó escomenzo da proba saín despaciño, gardando forzas e nos primeiros km tiven a compaña de Diego "el italiano", que gran rapaz!!!

Na metade de carreira alcancei a Domarco e fixemos un par de km xuntos tentando alcanzar a Pepe Mira e Aurelio, pero subindo recuperar 100m resulta un calvario.

No cortalumes de acceso á ermita de Virxe do Monte a piques estivo de alcanzarme "messié massó" (coma diría Perico Delgado), o "tío do mazo". Tras superarme Camilo e Antonio Folgoso pensei que me daba a "páxara" e cando as pernas case se detían o auguiña que bebín no avituallamento resultou case que milagrosa, recuperei tono muscular e conseguín engancharme a Toño, Camilo e Domarco cos que compartín a subida infernal o derradeiro cortalumes (algún treito cun 20% de desnivel)



Na meta entrei con Toño da mán pra agradeceller os folgos que me transmitiu nos derradeiros km.Sen dúbida o que levo mellorado nas subidas débese en gran medida os adestramentos que fago xunto con el.Graciñas amigo!!!!

Tendes as clasificaciós completas en :

http://www.atletismogalego.com/Resultados200809/Ourense/0120709.pdf

1 comentarios:

Oscarunin dijo...

enhorabuena por los resultados...
mereces ese descanso, pero no antes sin pasar por aloia no?
jeje
por cierto... con que zapas corriste al final? luego te mando correo y te comento lo que me han aconsejado a ver que opinas.
saludos