
Meus , tendes abertas as inscriciós pra unha nova edición desta fermosa e durísima carreira que percorre pola Ribeira Sacra.
Eu non teño pesando participar, posto que aínda non estou abondo tolo,jeje, mais coma pasaredes preto de Chandrexa e Rabacallos tentarei atoparme ó caron do camiño dándovos folgos.
Información sobre a proba:
http://www.ribeirasacracm.org/base/castelan/IIIcarreira.html
Aloxamentos:
http://www.turisacra.org/0_aloxamento.htm
E se vades pasar a fin de semana podedes aproveitar pra dar unha volta en canoa, quad, cabalo,etc... :
http://www.galitursport.com/
Pra ises días na casa da miña visaboa non hai camas dispoñibles posto que veñen de vacaciós o seu fillo e os seus netos de Venezuela.Coido que me vai a tocar a mñin durmir no cortello,jeje.Ainda que ó millor baixo a tumbona pro río e o caraio!!!

Por certo, recoméndovos un libro, "Os últimos fuxidos", onde se relatan as vivencias dos derradeiros "maquis" de Galiza que loitaron contra a represión en prol das liberdades dos seus.
Un día distes teño que facer de novo unha visita ás "Covas dos fuxidos" , no corazón da Ribeira Sacra.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada