II BTT CIDADE DE OURENSE

jueves 11 de junio de 2009


¡¡ Xa está en marcha a II Ruta BTT Cidade de Ourense!!

Antes de explicarvos as maravillas que vos agardan nesta nova edición da ruta de Ourense, detallamos a información máis salientable, de xeito que a podades recordar cun vistazo:


Data: 14 de xuño de 2009.
Hora de saída: 09.30 horas
Lugar de saída: Complexo Polideportivo de Oira (Paseo de la Praia Fluvial s/n)
Distancia: 48 km

Debedes leer o regulamento da ruta ( www.rutabttourense.es/html/regulamento.php ) posto que é de obrigado cumprimento. A pesar de que no regulamento se especifican os pasos a dar para acadar a condición de inscrito, facemos un sinxelo resumo porque igual de sinxelo é o procedemento de inscrición:

1. Facer clic no enlace de inscrición ( www.rutabttourense.es/html/inscricion.php )
2. Para que o formulario sexa válido, é necesario cubrir os datos marcados con (*), posto que son obrigatorios.
a. Os datos que non son obrigatorios xa aparecerán confirmados aínda que non teñan datos no formulario, precisamente pola súa condición de "non obrigatorios".
b. O nome e os apelidos han de ter 2 caracteres como mínimo para que sexan validados correctamente.
c. O DNI son só 8 cifras sen letra ó final.
d. O correo electrónico valida que teña sintaxe de dirección electrónica.
e. É necesario aceptar o regulamento para que valide correctamente o formulario.
3. Unha vez enviado o formulario accdemos a unha páxina onde se ven os datos persoais detallados e aparece unha mensaxe, segundo:

a. Estás preinscrito. (Acades unha praza dispoñible)
b. Estás en lista de espera. (As prazas de preinscrición están completas) Teremos que agardar a que alguén renuncie á preinscrición e a que a organización nos inclúa na lista de inscritos como preinscrito. Sendo así podemos proceder ó pagamento da cota de inscrición (10 €) na conta bancaria do club. Debemos facer constar nome, apelidos e dni.