ANDAINA PIÑOR DE CEA

lunes 27 de abril de 2009

II ANDAINA SAUDABLE "DESCUBRIR PIÑOR" E II CONCURSO FOTOGRÁFICO

A camiñada comezará as 10.00, saíndo da praza do Concello en Piñor e tendo que estar no punto de saída 30 minutos antes para a recollida de dorsais.
Transcorrerá polos pobos do concello de: Piñor, Albarona, Lousado, Arenteiriño, Arenteiro, Casarellos, Pereira, Barreiros, Cales, Casmoniño e Barrán.
No sendeiro, esta vez de 15 km e cunha dificultade media, pasaremos por lugares cargados de historia, como a fábrica de papel de Lousado, ou a ruta dos arrieiros o seu paso polo norte do concello, lugares dun gran valor etnográfico, como os Muíños de Lousado ou os múltiples cabaceiros de Barrán, e zonas dunha gran importancia paisaxística como a Fervenza da Fareixa, a Fervenza do Peilán e o Pozo da Area, entre outros moitos.
Ó longo do roteiro haberá 3 puntos de avituallamento, un cada 4 km. (aproximadamente). Tras a camiñada haberá un xantar saudable para repoñer forzas.
E para rematar, farase un sorteo de varios agasallos, entre os que están vales para unha cea ou comida para dúas persoas en Restaurantes do Concello e unha estancia nos Apartamentos turísticos de Freás (recén inaugurados o mes de Marzo de 2009).
Para o correcto control da marcha e o correcto uso do medio natural, establecerase un máximo de 200 participantes.
Os interesados poderán inscribirse gratis no e-mail pinortur@gmail.com ata o 15 de maio. en TurismoConcello de PiñorTlf. 988 40 33 26