...vimos de Lugo

sábado 14 de marzo de 2009

Meus, hoxe traio boas novas!!!Marchei con Lois camiño de Lugo, todavía cos macarrós gratinados quentiños no bandullo,jeje, pra por de novo a proba o xeonllo.
Esta semán tiven 2 sesiós de fisio e traballo de pesas no gym, nada de correr!!!
Saín dende ben atrás, pra non quentarme,jeje, e fun pasando xente sen parar.A verdade é que me atopei "super" ate o km3, onde decidin baixar o ritmo pra non forzar.Ó final rematei ben a proba, con "gas" soio pra 300m de sprint. O millor de todo, que estou na casiña xa e case que non teño molestias.
A vindeira semana seguirei o mesmo tratamento: 2 de fisio + pesas gym pra fortalecer o cuadricipital.Agardo continuar coa mellora e probarme de novo en Monforte.
E mais, xa vos anticipo, que de continuar a evolución en sentido positivo, ainda sen adestrar nadiña, non descarto dar unha sopresa o vindeiro día 29....e xa sabedes a que me refiro.
Pola "estrada do rato", andiveron, coma non!!!, os tolos do "Burgas" : JJ, Javier,Santi, Rubén, Adriel....pero non Evencio, que trocou hoxe as "zapas" polas "troitas", jeje
Xa tendes os resultados na web de Championchipnorte. Os primeiros ourensáns foron:

30º-Jose Javier (Burgas)-------------21´14"
31º-Lalo Rosales (C.Xuventude)------21´14"
72º-Adriel (Burgas)------------------22´29"
84º-" Evencio "(Burgas)--------------22´47"
137º-Xabi Rodicio--------------------23´49"

¿Porqué penso que me atopei "super" na primeira parte de carreira?Pois:
Saín dende atrás e perdín 45" ata que pasei por liña de saída.Iso, sumado ó tempo que se tarda en acadar ritmo e pasar xente, dame coma resultado un paso "real" polo km3 de 11´33",a un ritmo de 3.50m/km. (pero o 2º km foi moi bó pra mín, a 3.41m/km).

Postdata: Cris, semella que o tratamento da sesión do mércores me foi xenial.Graziñas!!!Coido que diches na "tecla" acertada.

4 comentarios:

Burgas Atletismo Ourense dijo...

Enhorabuena de corazon amigo, por ese tiempo

Burgas Atletismo Ourense dijo...

84 rematou Ruben do noso clube, k non puido inscribirse a tempo e correu co dorsal de evencio, un saudo amigo

JEFFXAVI dijo...

xa o sei, pero non o puxen polo tema do circuíto!!!jejej...se te fixas puxen "evencio" , entre comillas.Que estivemos xuntos ó rematar a proba nas duchas....sen que a ninguén se lle caira o xabón ehhh,jajaj

Burgas Atletismo Ourense dijo...

jajajajaja pero non pasa nada xa acordamos non anotar ese resultado no circuitoainda k correu Ruben e tamen esta no circuito con SMS