Marchamos camiño de Padrón o sábado pola mañán Eloy e mías eu, dispostos a dar boa conta dunhos pementiños, acompañados por Quini.Ó final, xantamos nun "italiano", manda caraio,jeje, y eu acabei cun empacho de spaguettis á carbonara, que pra que contarvos!!!
Xa no paseo previo antes de calzar as zapas nos atopamos un bo número de ourensáns: a xente do Burgas, os incombustibles do Val de Rábeda (Taboadela), os amarelos do Kórpore,Morais,"Furi",etc....e compartimos quezemento con Lalo Rosales.
A verdade é que me erguín con algunhas molestias nos isquios , provocadas polas "sentadillas" do día anterior, pero tiña gañas de probar coma respondía da lesión despois de 3 semanas parado e de tratamento de "fisio".Durante o quecemento non me sentín nada "super", pero polo menos non me doía o xeonllo.
Na saída púxenme o carón dos "kórpore" (Samuel, Fernando e Cerdeira), pensando en que os 2 primeiros serían unha boa roda.Xa cando levabamos menos de 1km me decatei que non había forzas pra ir a menos de 4m/km asi que me quedei na cabeza dun grupete, mentras iles tiraban pra diante.
Entre o km3-4 pasoume un home que me atopo en todas as carreiras: "caraio, vémonos en todas", dixénlle.Pois nada, tentei facer un cambio de ritmo pra engancharme, sabendo que me podía levar cara diante, pero "zás", pinchazo no cuadricipital !!! Non me quedou outra que escomenzar a baixar de amplitud de zancada.Dende ahí ate o final fun controlando pra evitar que aparecese a dor, polo que non deixaron de adiantarme corredores do foro de "correrengalicia", os que teño que agradecer todos os seus ánimos.
Preto da meta , coma a 1km, deume caza Vazquez Rojo, co que compartín unha boa anécdota en meta: resulta que levou unha reprimenda por parte doutro corredor por "sprintarlle", e a mín aconteceume algo similar, ó pasar nos últimos 200 a un grupo de media ducía de rapazes que me revasaran a falta de 800m, na liña de chegada chamáronme prepotente.Parvos hainos en todas partes, en fin....
O Domingo coma era de esperar pasei o día tumbado no sofá con xeo pra baizar a inflamación e a dor da rótula.Non me arrepinto pra nada de ter corrido, fun despaciño, pero disfrutei dun bo día en compaña de boa xente.
Agora a continuar co tratamento e co descanso, pensando en poder correr en Monforte, ainda que sea sen adestrar.
COMPETICION
-
IV CARREIRA POPULAR DOS SANTIÑOS
O BARCO 08 DE NOVEMBRO DO 2009
La Delegación Valdeorresa de Atletismo agradece a vosa participacion na IV
Carreira Popula...
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada