AÑO NUEVO: XINZO Y BOBORÁS
Buenas correlegas!!!Aqui estamos recuperándonos de los excesos de estas fechas con un par de kilitos de mas y toda una semana sin calzar las zapas (ay los michelines que me han salido,jeje).
Pues nada, que como ya sabreis en Enero tendremos dos bonitas carreras a las que acudir:Xinzo y Boborás.
Esperemos que la climatología acompañe en la carrera de "A Limia" y podamos buscar marca personal en un 10000m en ruta.Por lo que he observado en la web de inscripción de Cronotec la participación será de lujo.Para los que no recordeis el circuíto os dejo el mapa:
View Larger Map
En cuanto al cross de Boborás , aunque no sea especificamente un cross como tal,guardo un grato recuerdo de esta carrera.De echo, fué en el año 2007 en compañia de Oscar Ramos (cuando todavía jugábamos a fútbol) cuando por primera vez realizé una popular que no fuese la SanMArtiño.Y quedé enganchado por el recorrido de la prueba!!!
Además, en todo el año 2008 solo conseguí vencer a mi amigo Eloy en Boborás, lo cual le echo en cara siempre que puedo,jejeje.
Bueno, os dejo la información que me ha pasado el amigo Cerdeira del Kórpore:
**********************************************************************************
IX CROSS POPULAR DO CONCELLO DE BOBORÁS
Data de celebración: Domingo 18 de Xaneiro.
Hora: 11:30 horas.
Organiza: Concellería de Deporte e Xuventude do Concello de Boborás.
REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos con horario distinto atendendo ás categorías:
- Categoría 1: 11:30 horas.
- Categorías 2 e 3: 11:45 horas.
- Categorías 4 e 5: 12:00 horas.
A liña de meta para tódalas categorías será a mesma e estará situada pola parte traseira do CEIP Nosa Señora de Xuvencos.
2. Os participantes deberán situarse no punto de saída 10 minutos antes do comezo da súa correspondente proba, sen interferir nas anteriores.
3. Os participantes deberán estar inscritos 1 hora antes do comezo da carreira. O punto de inscripción, situado no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, pechará ás 10:30 horas.
4. Cada participante deberá achegarse ó punto de entrega de dorsais, situado no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, para recoller o seu. Dito dorsal deberá entregarse ó remate da proba ó atravesar o arco de meta, evitando o seu deterioro ou extravío.
5. O percorrido total será de 8.800 metros, os cales estarán sinalizados e controlados pola organización, diminuíndo esta distancia segundo as categorías establecidas.
6. A clasificación será por categorías e haberá trofeos para os primeiros clasificados de cada unha delas, sendo un para home e outro para muller.
7. Os participantes que entreguen o seu dorsal, independentemente da categoría á que pertenzan, recibirán unha camiseta conmemorativa de regalo (ata esgotar existencias). Ademáis desto, tódolos participantes inscritos nas categorías 1 e 2 recibirán tamén unha medalla.
8. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais e oficiais correspondentes.
9. Está prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou vehículos de axuda. O incumprimento desta norma implicará a descalificación inmediata do atleta.
10. O control de chegada pechará unha hora despois de que entre o primeiro participante.
11. As inscripcións poderanse realizar a partir do día 5 de Xaneiro, na páxina web de Cronotec (www.cronotec.org), ou nas oficinas municipais do Concello de Boborás (Rúa Cristóbal Colón, s/n, 32514 Boborás – Ourense), ben achegándose persoalmente a elas ou chamando por teléfono (988402008).
Toda inscripción deberá incluir os datos seguintes: Nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, e clube e número de federación (só para atletas federados).
A data límite de inscripción será o día 16 de Xaneiro ás 14:00 horas.
12. Os participantes que non poidan inscribirse do anterior modo, poderán facelo o día de realización da proba no punto de inscripción ata as 10:30 horas. Non se inscribirá a ningún participante despois desa hora.
13. Non se admitirá ningunha inscripción na que falten datos.
14. A entrega de trofeos e medallas terá lugar no pavillón municipal (situado ó lado do CEIP Nosa Señora de Xuvencos) ás 13:30 horas aproximadamente.
15. Ó remate da proba, tamén no pavillón municipal, haberá bocadillos, froita, chocolate e bebidas para tódolos participantes. Os participantes co desexen poderán ducharse e asearse.
REGULAMENTO ESPECÍFICO PARA CANICROSS
1.Na modalidade de Canicross haberá dúas únicas categorías:
- Categoría 4: Promesas e Seniors (nacemento nos anos 1988, 1987, 1986, 1985 ata 1953).
- Categoría 5: Veterán (nacemento nos anos 1952 e anteriores).
2. O percorrido será de 8.800 metros para ámbalas dúas categorías.
3. A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos ás 12:00 horas e os participantes deberán situarse detrás dos atletas que participan sen acompañamento canino.
4. A liña de meta será común co resto de atletas que participan sen acompañamento canino.
5. Haberá trofeos para os gañadores de cada unha das dúas categorías, sendo un para home e outro para muller.
6. Os cans deberán ir preparados do modo que corresponda e en ningún momento deberán supoñer un perigo para o resto dos participantes nin interferir na realización de ningunha das probas.
7. Os restantes puntos do regulamento xeral afectarán de igual modo a esta modalidade.
INFORMACIÓN DA PROBA: Concello de Boborás, rúa Cristóbal Colón s/n, 32514 Boboras – Ourense, telf. 988402008.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada